Domingo 27 de septiembre 2009

Axenda

A mostra "Latexos dun mundo convulso", no Auditorio

O Auditorio de Galicia presenta unha colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.

Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada Latexos dun mundo convulso, que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.

Do 17 de setembro ao 2 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A primeira liña do ferrocarril galego: Cornes-Carril

A Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril e o CSC Conxo presentan unha exposición con motivo da XXIV Semana Cultural de Conxo, que permite coñecer a que foi a primeira liña de ferrocarril galega, que unía Cornes con Carril, inaugurada o 15 de setembro de 1873.

Do 8 ao 30 de setembro, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Concerto da Banda Municipal

A Banda Municipal de Música saca o seu repertorio á rúa baixo a batuta de Carlos Seráns. Os peóns poderán deleitarse coa formación de trinta e cinco intérpretes que constitúe un dos referentes musicais da cidade.

O domingo 27 de setembro, ás 12:00 horas, na rúa do Vilar.

Axenda

Maxia no CSC da Rocha

Dentro das actividades da Semana Cultural da Rocha, o mago Benjamín leva ao barrio o seu espectáculo de maxia.

O domingo 27 de setembro, ás 17:30 horas, no Centro Sociocultural da Rocha.

Compartir: