Jueves 17 de septiembre 2009

Axenda

A mostra "En branco", de Jesús Madriñán, na Zona "C"

Jesús Madriñán expón a súa obra na Zona "C", nunha mostra comisariada por Clara Rodríguez Cordeiro e coa colaboración do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago.

Do 24 de xuño ao 20 de setembro, na Zona "C".

Axenda

A mostra "Latexos dun mundo convulso", no Auditorio

O Auditorio de Galicia presenta unha colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.

Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada Latexos dun mundo convulso, que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.

Do 17 de setembro ao 2 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A primeira liña do ferrocarril galego: Cornes-Carril

A Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril e o CSC Conxo presentan unha exposición con motivo da XXIV Semana Cultural de Conxo, que permite coñecer a que foi a primeira liña de ferrocarril galega, que unía Cornes con Carril, inaugurada o 15 de setembro de 1873.

Do 8 ao 30 de setembro, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Concerto da Banda Municipal.

A Banda Municipal de Música saca o seu repertorio á rúa baixo a batuta de Carlos Seráns. Os peóns poderán deleitarse coa formación de trinta e cinco intérpretes que constitúe un dos referentes musicais da cidade.

O xoves 17 de setembro, ás 19.30 horas, na rúa do Vilar.

Axenda

A compañía D2 representa "As verdades doen"

A compañía de artes escénicas contemporáneas D2 estrea en Santiago o seu espectáculo As verdades doen, un proxecto que pon de manifesto as manipulacións sobre a percepción do corpo.

Segundo os propios autores, As verdades doen quere falar da percepción que temos de nós mesmos en confrontación coa percepción que ten cada unha das persoas que nos rodea. Así, cando se fan evidentes os múltiples puntos de vista dunha verdade, esta pode deixar de doer para incluso converterse en mentira. E de aí á risa só hai un paso.

O mércores 16 e o xoves 17 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: