Viernes 14 de agosto 2009

Axenda

Vive o Verán

Vive o Verán! segue enchendo de actividades a época de vacacións en Compostela. O programa componse de cursos de tai chi e ximnasia terapéutica; actividades dirixidas aos máis pequenos como o Xogandoando, xogos de sempre nos parques, excusións ao Parque Acuático de Cerceda e a Bibliopiscina; obradoiros de aeromodelismo e medioambientais; actividades astronómicas, Liberalibros, cinema ao aire libre e visitas guiadas aos espazos verdes da cidade (ríos, parques, etc.).

Ao longo dos meses de xullo e agosto en diversos espazos da cidade.

Axenda

A mostra "En branco", de Jesús Madriñán, na Zona "C"

Jesús Madriñán expón a súa obra na Zona "C", nunha mostra comisariada por Clara Rodríguez Cordeiro e coa colaboración do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago.

Do 24 de xuño ao 20 de setembro, na Zona "C".

Axenda

Xogos tradicionais en Fontiñas

O Programa de Educación de Rúa, promovido pola Concellería de Benestar Social, segue coas súas actividades. Desta vez celébrase un Encontro Interxeracional de Xogos Internacionais. A actividade é aberta para todos.

O venres 14 de agosto, de 16:00 a 20:00 horas, na rúa Berlín, fronte a Área Central, en Fontiñas.

Compartir: