Sábado 6 de junio 2009

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

Tom Risco e Jacobo de Miguel no ciclo Revelando Voces

O ciclo Revelando Voces achega unha jam session co percusionista galego Tom Risco e o pianista Jacobo de Miguel.

O sábado 6 de xuño, ás 21:00 horas, no Centro Sociocultural de Fontiñas.

Axenda

Lucía da Fonte con Meiga do Norte

Meiga do Norte xorde na primeira semana do mes de decembro de 2007, das inquedanzas de dous músicos compostelans que logo de varios anos tendo en mente a idea de formar unha banda de rock, deciden materializala. Posteriromrente uníuselles a voz de Lucía da Fonte. Agora tocan no marco do ciclo Revelando Voces.

O sábado 6 de xuño, ás 21:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.

Compartir: