Martes 16 de junio 2009

Axenda

"Mulleres en plural": exposición fotográfica no Auditorio

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra que leva por título Mulleres en plural. As mulleres a través do obxectivo dos grandes fotógrafos do século XX. Está comisariada por Lola Garrido e conta con traballos de fotógrafos de talla internacional como Robert Frank, Alberto García-Alix ou o galego Vari Caramés.

Do 11 de xuño ao 2 de agosto, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Obradoiro do espectador no Centro Sociocultural de Vite

Continúan as actividades do Obradoiro do espectador, unha singular iniciativa promovida pola Sala Nasa e a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais que ten por finalidade adestrar espectadores á hora de se enfrontar a propostas escénicas contemporáneas.

A terceira e última destas sesións terá lugar o martes 16 de xuño e xirará arredor de Iliria, da compañía Elefante Elegante, que se vai pór en escena na Sala Nasa o venres 19. O obradoiro inclúe esta sesión preparatoria, a asistencia á función e un coloquio no que os asistentes poderán intercambiar impresións cos integrandes da compañía.

O martes 16 de xuño, ás 19:00 horas, no CSC José Saramago de Vite.

Axenda

"Mundos de auga doce" no CSC de Fontiñas

A Aula de Xogo do Centro Sociocultural das Fontiñas continúa coas súas semanas temáticas, desta volta cunha sesión dedicada á natureza e, en concreto aos Mundos de auga doce.

O martes 16 de xuño, ás 19:00 horas, no CSC de Fontiñas.

Compartir: