Miércoles 10 de junio 2009

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

Conferencia de Marilar Aleixandre no CSC de Fontiñas

No Centro Sociocultural das Fontiñas desenvolverase a conferencia da escritora Marilar Aleixandre Pode unha muller ser protagonista dunha novela de aventuras?.

Marilar Aleixandre, malia ter nacido en Madrid, destacou especialmente no terreo da literatura para nenos e mozos, sendo catedrática na Universidade de Santiago de Compostela.

O mércores 10 de xuño, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Fontiñas.

Axenda

"Brokers", de Yllana, en Teatro e Danza en Xira

Brokers, ao estilo Yllana, retrata o salvaxe e irreverente mundo das altas finanzas. Tras a estela de 666 e Star Trip, deslízase no universo do luxo e do diñeiro para amosarnos o seu tolo e esmendrellante xeito de ver o mundo.

O martes 9 e o mércores 10 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: