Viernes 10 de abril 2009

Axenda

Sara Fuentes expón "1:10" na Zona "C"

1:10 é un proxecto específico de Sara Fuentes Cid para a Zona "C". Componse de 14 fotografías de pequeno tamaño en forma de caixas que representan detalles recollidos da arquitectura do espazo expositivo contiguo, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Do 25 de febreiro ao 19 de abri, na Zona "C" (rúa de San Domingos de Bonaval, 1). Todos os días, excepto o luns, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A

Axenda

Cantos gregorianos coa Schola da Capela Imperial de Viena

O IV Festival de Músicas Contemplativas de Santiago de Compostela ofrece un concerto do xénero litúrxico por excelencia, o canto gregoriano, coa Schola da Capela Imperial de Viena.

O venres 10 de abril, ás 20:30 horas, na igrexa do convento de Santa Clara.

Axenda

Ghada Shbeir ofrece cantos siríacos en arameo no Festival de Músicas Contemplativas

Concerto de Ghada Shbeir, especialista e intérprete profesional da música tradicional de Oriente Medio e da música andalusí, dos cantos sirios e maronitas.

O venres 10 de abril, ás 22:30 horas, na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos.

Axenda

O Bombay Jayashri Ramnath trae cantos carnáticos da India

O IV Festival de Música Contemplativas celebra o terceiro recital do día cun concerto de cantos carnáticos de Bombay Jayashi Ramnath, procedentes da India.

O venres 10 de abril, ás 00:30 horas, na igrexa de San Agustín.

Compartir: