Martes 15 de diciembre 2009

Axenda

Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Unha selección de 35 obras de entre as 158 presentadas compoñen a Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.

A mostra está composta polas obras pertencentes aos seguintes artistas: Mª Covadonga Barreira, Borja Doel, Joan Morera, A Ama de casa, Sara Fuentes, Desperfecta, Nuria Villa, Ignacio García, Fruela Alonso, Holga Méndez, Mónica Cabo, Víctor Hugo Costas, Tamara Feijoo, Josetxu F. Cárcamo, Fran Miguens, Juan Varela, Damián Ucieda, Enrique Lista, Chas, Nicolás Combarro, Jesús Madriñán, Maribel Castro, Christian García Bello, Marcos Blanco, Dolores Fuertes, Mauro Trastoy, Eduardo Valiña, Jacobo Bugarín, Batbirulau, Nuria Ruibal, Olmo Blanco, Raquel Durán, Jorge Migoya, Olmo Cuña e Fur Alle Falle.

Do 2 de decembro ao 28 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Microvoyages", de Esther Ruíz de Pablos, na Zona C

Baixo o nome de Microvoyages, a novísima Esther Ruíz de Pablos presenta este proxecto expositivo no que domina o espírito audiovisual.

A mostra é o resultado do traballo do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e está comisariado por Antonio Díaz Correa.

Do 5 de novembro ao 31 de xaneiro na Zona C.

Axenda

Charla sobre a osteoporose no CSC das Fontiñas

Dentro do programa Club dos Maiores, Manuel Caamaño fal sobre a osteoporose.

O martes 15 de decembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Segundas Xornadas de Información Sociosanitaria de Fontiñas

Continúan as charlas das Segundas Xornadas de Información Sociosanitaria das Fontiñas, que nesta ocasión contaran como relator co doutor Manuel Caamaño, reumatólogo no Hospital Clínico de Santiago, que abordará a enfermidade da osteoporose tentando achegala ós asistentes para a súa comprensión. Ademais, ás 19:00 horas, realizará densitometrías.

As xornadas están organizadas polo Centro Sociocultural das Fontiñas e o Centro de Saúde das Fontiñas e o coordinador e moderador das charlas é o Doctor José María Dios Diz, médico de Atención Primaria de Tordoia, A Coruña. O seu teléfono é 696750892.

O martes día 15 de decembro, ás 20:00 horas, no CSC das Fontiñas.

As xornadas continuarán nos vindeiros meses co seguinte programa:

XANEIRO 2010, Xoves 21 ás 20:00: O futuro do sistema sanitario: ¿gratuíto para todos e para todo? Relator: Manuel Martín (portavoz da Asociación Galega para a defensa da sanidade pública).

FEBREIRO 2010, Xoves 18 ás 20:00: Trastornos do sono. Relator: Raimundo Mateos Álvarez (psicoxeriatra do Hospital Provincial de Conxo, en Santiago).

MARZO 2010, Xoves 25 ás 20:00: Alteracións sexuais na vellez: relatora: Encarna Álvarez (psicoxererontologa).

ABRIL 2010, Xoves 15 ás 20:00: Hipertensión Arterial. Relatora: Dª Mª Carmen Mini Castro

MAIO 2010, Xoves 20 ás 20:00: Alcohol e Sociedade. Relator: Lino Quiñoy. Presidente de AISA.

XUÑO, Xoves 17 ás 20:00: Hipertrofia benigna de próstata. Relator: Dr. José Mª Dios Diz (médico de AP de Tordoia).

Compartir: