Domingo 8 de noviembre 2009

Axenda

A mostra "Latexos dun mundo convulso", no Auditorio

O Auditorio de Galicia presenta unha colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.

Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada Latexos dun mundo convulso, que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.

Do 17 de setembro ao 2 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música

A Banda Municipal de Música ofrece un novo concerto. Nesta ocasión estará como director invitado J. R. Villaplana.

O domingo 8 de novembro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Maxia no LSC de Figueiras

Nova entrega do programa Domingos en familia, desta volta coa maxia do mago Benxamín.

O domingo 8 de novembro, ás 18:30 horas, no Local Sociocultural de Figueiras.

Axenda

"Microvoyages", de Esther Ruíz de Pablos, na Zona C

Baixo o nome de Microvoyages, a novísima Esther Ruíz de Pablos presenta este proxecto expositivo no que domina o espírito audiovisual.

A mostra é o resultado do traballo do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e está comisariado por Antonio Díaz Correa.

Do 5 de novembro ao 31 de xaneiro na Zona C.

Compartir: