Domingo 9 de noviembre 2008

Axenda

A mostra "Marxes e Mapas", no Auditorio de Galicia

Marxes e Mapas é unha mostra colectiva pensada como un conxunto de miradas ao redor dun mapa creativo que toma como punto de partida mediados da década dos noventa, ao ser este momento inicio e afirmación dunha serie de importantes mudas e procesos na realidade galega e toma como referencia contextual a mostra A arte inexistente.

Do 9 de otubro de 2008 ao 1 de febreiro de 2009, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Manú Dibango leva ao Auditorio a tradición musical do Camerún

Sons da Diversidade lévanos ás raíces musicais do Camerún da man de todo un veterano con máis de 50 anos de música ás súas costas: Manu Dibango.

O domingo 9 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: