Miércoles 12 de noviembre 2008

Axenda

"Escher e Matemáticas" na Galería Sargadelos

Con motivo da celebración da Semana da Ciencia do 10 ao 14 de novembro, a Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA), en colaboración coa Concellería de Educación, organiza a exposición interactiva "Escher e Matemáticas. Diálogo entre ciencia e arte".

Do 10 ao 14 de novembro, na Galería Sargadelos.

Axenda

Concerto didáctico da Banda de Música

Comezan os concertos didácticos da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela coa interpretación de obras clásicas amenas que permitan introducir os máis pequenos na música culta.

O mércores 12 de novembro, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A mostra "Marxes e Mapas", no Auditorio de Galicia

Marxes e Mapas é unha mostra colectiva pensada como un conxunto de miradas ao redor dun mapa creativo que toma como punto de partida mediados da década dos noventa, ao ser este momento inicio e afirmación dunha serie de importantes mudas e procesos na realidade galega e toma como referencia contextual a mostra A arte inexistente.

Do 9 de otubro de 2008 ao 1 de febreiro de 2009, no Auditorio de Galicia.

Compartir: