Viernes 21 de septiembre 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

III Semana Cultural da Rocha

O Centro Sociocultural da Rocha celebra a terceira edición da súa Semana Cultural cun programa cheo de actividades para todos.

Do 18 ao 22 de setembro no Centro Sociocultural da Rocha.

Axenda

VIII Ciclo de Lied

Nova entrega do VIII Ciclo de Lied. A soprano Miah Persson e o pianista Roger Vignoles interpretan obras de Brahms, Liszt, Strauss, Nystroem, Stenhammar e Grieg.

O vernes 21 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: