Viernes 14 de septiembre 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

XXII Semana Cultural de Conxo

O Centro Sociocultural de Conxo celebra unha nova edición da súa Semana Cultural cun programa con actividades para todas as idades.

Do 10 ao 15 de setembro, no Centro Sociocultural de Conxo.

Compartir: