Martes 11 de julio 2006
Axenda
Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca
A Fundación "la Caixa", o Departamento de Educación e Mocidade e a Consellería de Innovación e Industria colaboran na realización da exposición sobre "Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca".
Os destinatarios son centros escolares, colectivos, asociacións e público en xeral.
En San Martiño Pinario, do 14 ao 27 de agosto.
Horarios de visita: De martes a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
Visitas guiadas para grupos: previa cita no teléfono 981 55 44 00 (Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago).
Axenda
Taller da artista Marga Crespo
No Pazo de Bendaña, no primeiro andar, nas salas destinadas o servizo de Didáctica no museo, desevólvese o taller de gravado da artista Marga Crespo. Está dirixido a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 8 e 14 anos. O prezo por alumno é de 50 euros.
Os días 10, 11, 12, 13, e 14 de xullo, de 11:00 a 13.30 horas, no Pazo de Bendaña.
Axenda
"Dons da intemperie" na Fundación Granell
Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.
Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.
Axenda
"Al ayre español" en Via Stellae
"Al ayre español" recupera o xénero da cantada española en América. Carlos Mena será o tenor.
O martes 11 de xullo, ás 21:00 horas, en San Martiño Pinario.