Sábado 3 de octubre 2009

Axenda

A mostra "Latexos dun mundo convulso", no Auditorio

O Auditorio de Galicia presenta unha colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.

Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada Latexos dun mundo convulso, que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.

Do 17 de setembro ao 2 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

XIV Festival Internacional de Títeres "Galicreques 2009"

Un ano máis, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde, celébrase o Festival Internacional Galicreques. Nesta nova edición, que é a XIV, a proposta é a dun Festival Internacional dedicado aos países iberoamericanos, con programación variada de monicreques e marionetas, animación de obxectos, novas tendencias, etc, facendo chegar ao público a gran variedade de técnicas e estilos tanto no deseño dos personaxes como na manipulación destes, así como a diversidade de liñas de argumento e expresión artística que caracterizan aos países de fala hispana.

Do 2 ao 11 de outubro, en varios espazos da cidade.

Axenda

"Cinema in/out", fotogramas do cine español na Zona C

Dentro da programación do festival Curtocircuíto deste ano inclúese esta mostra fotografías que retratan a cinematografía española. Imaxes de nove fotógrafos de rodaxe que ensinarán o que se esconde tras as cámaras.

Instantes roubados de Ágora, Los Abrazos Rotos ou El orfanato entre outras producións estarán expostas na Zona para regalar os ollos alleos unha mirada dende o interior, e mostrar a ilusión cinematográfica.

Ata o 25 de outubro, na Zona C.

Axenda

Xogos na Praza Roxa

O CSC O Ensanche organiza para a mañá do sábado esta actividade lúdica para os máis pequenos, no que poderán divertirse ao aire libre nos espazos urbanos.

O sábado 3 de outubro, ás 12:00 e 13:15 horas, na praza Roxa.

Compartir: