Viernes 9 de julio 2010

Axenda

Árbore urbana en Conxo

O Concello de Santiago e a Asociación Sostibilidade e Arquitectura (ASA) traen ata Conxo unha árbore urbana que producirá enerxía grazas ás pedaladas dos cidadáns e a paneis solares. O seu obxectivo é concienciar aos cidadáns sobre o aforro enerxético e a súa importancia para lograr edificios e cidades sostibles.

Do 7 ao 22 de xullo, na praza Aurelio Aguirre de Conxo.

Axenda

Exposición de Nuria Ruibal na Zona C

A Zona C acolle unha exposición de Nuria Ruibal baixo o título Entre a razón e a pel.

Do 17 de xuño ao 12 de setembro, na Zona C.

Axenda

Mostra sobre a indumentaria tradicional na Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións acolle a exposición "A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros". A mostra é obra da Agrupación Folclórica Ximiela, coa colaboración da Deputación da Coruña. Consta de nove traxes rexionais, sete de muller e dous de home, en manequíns, representando a indumentaria tradicional das distintas comarcas galegas. Ademais, exhíbese unha colección de roupas, traxes infantís, adornos, xoiería e unha ampla colección de bonecas.

Todos os traxes foron confeccionados pola Agrupación Folclórica Ximiela, de Louro (Muros). Esta asociación naceu hai dez anos coa intención de ocupar o ocio infantil na parroquia con clases de baile, instrumentación e canto, formando un grupo folclórico. O traxes iniciais dos grupos de baile e gaita eran correntes, e entón propuxéronse confeccionar elos mesmos unha indumentaria luxosa, partindo do afamado que era tradicionalmente o traxe de Muros. Agora exhiben unha pequena mostra, pois teñen preto de cen traxes para todos os seus bailaríns e músicos.

Esta exposición comezou a súa andaina en Muros, o verán de 2009. Dende entón percorreu as salas de exposicións dos concellos de Outes, Mazaricos, Negreira, Ames, Carnota, Cee, Ribeira, Santa Comba, Boiro, Cerceda e Oroso. Tamén representou á Deputación nun programa de intercambio cultural coa cidade portuguesa de Viana, permanecendo exposta un mes no Museo Nacional do Traxe de Portugal. En setembro levarase ao Parlamento Europeo. A Concellería agasallará ás asociacións con exemplares do catálogo desta exposición.

Do 22 de xuño ao 30 de xullo, na Casa das Asociacións.

Axenda

"A viaxe polar"

Mostrar os efectos do quentamento global sobre os Polos, a súa inmensa beleza, a fauna que o habita e o importante papel que desempeña no equilibro do planeta. Estes son os obxectivos cos que foi concibido o proxecto A viaxe polar, cuxa exposición iniciará en Santiago de Compostela un ciclo que lle levará a diferentes cidades españolas durante o 2010 e o 2011.

Liderado polo fotógrafo ferrolán Carlos Caraglia, A viaxe polar é un ambicioso proxecto de divulgación cuxa primeira fase se poderá coñecer nesta mostra, que se presenta por primeira vez en Santiago con motivo do Ano Santo Compostelán 2010 e que permitirá aos visitantes ver imaxes inéditas sobre a vida no Polo.

Do 3 ao 10 de xullo, no parque da Alameda.

Axenda

Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.

Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.

Axenda

Vive o verán

A cidade acolle un amplo programa de actividades ao aire libre, grazas á terceira edición de Vive o verán.

Nos meses de xullo e agosto, e parte de xuño e setembro, en diversos espazo da cidade.

Axenda

Festival Vía Stellae 2010

Quinta edición do Festival Via Stellae, cunha programación aínda máis ampla neste Xacobeo 2010. O centro do Festival é de novo Santiago de Compostela como meta do Camiño. O Concello de Santiago presta a súa colaboración a este evento.

Do 5 ao 28 de xullo.

Compartir: