Sábado 5 de junio 2010

Axenda

A mostra "Ecos de ruta" na Casa das Asociacións

A Concellería de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións a mostra Ecos de ruta, que recolle as fotografías realizadas por Brais Palmás nun percorrido en bicicleta polos espazos naturais de Europa ao longo de 5.500 quilómetros e catro meses.

Esta mostra exhibe 25 imaxes da paisaxe e da fauna do norte de España, Francia, Suíza, Italia, Eslovenia, Croacia e Bosnia. Dúas das fotografías da exposición foron premiadas en dúas categorías do Concurso Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Do 3 ao 16 de xuño, na Casa das Asociacións.

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

XIX Feira do Libro Antigo e de Ocasión

Durante dúas semanas, o Paseo dos Leóns da Alameda compostelá alberga a tradicional Feira do Libro Antigo e de Ocasión, que na súa XIX edición conta coa participación de librarías de distintas comunidades españolas, con máis de 100.000 exemplares que se poñerán a venda durante os 15 días de feira.

Do 5 ao 20 de xuño, de 11:00 a 14.00 e de 17:30 a 21:30 horas, no Paseo dos Leóns da Alameda.

Axenda

Xogos na praza Roxa

O CSC O Ensanche organiza para a mañá do sábado esta actividade lúdica para os máis pequenos, no que poderán divertirse ao aire libre nos espazos urbanos.

O sábado 5 de xuño, ás 12:00 horas, na Praza Roxa.

Axenda

Duende Sico en Grixoa

Dentro do programa Letras Vivas, Duende Sico achega a súa presentación Castañas e Legañas.

O sábado 5 de xuño, ás 12:00 horas, no Local Sociocultural de Grixoa.

Axenda

Bordado para nenos no CSC das Fontiñas

Dentro do programa Aulas de Xogo, ofrécese unha semana temática de bordado destinada a rapazas e rapaces de a partir de oito anos.

Do 1 ao 5 de xuño, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Concerto do coro de aCentral Folque

Guadi Galego dirixe este coro con voces novas e novos arranxos vocais para reinterpretar as cancións de sempre. O alumnado da aula de canto de aCentral Folque interpreta un repertorio tradicional con especial atención ao cancioneiro da zona de Cedeira, orixe da directora do coro.

O concerto é o último do programa No Campo de Fóra. Terá un atractivo engadido ao celebrarse na escalinata decimonónica do convento de Conxo (agora hospital psiquiátrico), espazo que normalmente está pechado ao público.

O sábado 5 de xuño, ás 19:00 horas, na escalinata do convento de Conxo.

Axenda

Traballos manuais no CSC das Fontiñas

Sesión de manualidades para os sábados pola tarde dentro do programa Aulas de Xogo do Centro Sociocultural das Fontiñas.

O sábado 5 de xuño, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

"Revelando voces": concerto dos Mordecáns

O grupo de bravú e pachanga Os Mordecáns participan no programa Revelando voces, unha iniciativa da Concellaría de Cultura para promover os novos músicos da cidade.

O sábado 5 de xuño, ás 21:00 horas, no Centro Sociocultural José Saramago, en Vite.

Axenda

Liridade Noctámbula en "Revelando voces"

Este grupo compostelán de canción de autor con aires de swing, folk e blues participa no programa Revelando voces, da Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais.

O sábado 5 de xuño, ás 21:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Compartir: