Viernes 25 de junio 2010

Axenda

Exposición de Nuria Ruibal na Zona C

A Zona C acolle unha exposición de Nuria Ruibal baixo o título Entre a razón e a pel.

Do 17 de xuño ao 12 de setembro, na Zona C.

Axenda

Mostra sobre a indumentaria tradicional na Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións acolle a exposición "A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros". A mostra é obra da Agrupación Folclórica Ximiela, coa colaboración da Deputación da Coruña. Consta de nove traxes rexionais, sete de muller e dous de home, en manequíns, representando a indumentaria tradicional das distintas comarcas galegas. Ademais, exhíbese unha colección de roupas, traxes infantís, adornos, xoiería e unha ampla colección de bonecas.

Todos os traxes foron confeccionados pola Agrupación Folclórica Ximiela, de Louro (Muros). Esta asociación naceu hai dez anos coa intención de ocupar o ocio infantil na parroquia con clases de baile, instrumentación e canto, formando un grupo folclórico. O traxes iniciais dos grupos de baile e gaita eran correntes, e entón propuxéronse confeccionar elos mesmos unha indumentaria luxosa, partindo do afamado que era tradicionalmente o traxe de Muros. Agora exhiben unha pequena mostra, pois teñen preto de cen traxes para todos os seus bailaríns e músicos.

Esta exposición comezou a súa andaina en Muros, o verán de 2009. Dende entón percorreu as salas de exposicións dos concellos de Outes, Mazaricos, Negreira, Ames, Carnota, Cee, Ribeira, Santa Comba, Boiro, Cerceda e Oroso. Tamén representou á Deputación nun programa de intercambio cultural coa cidade portuguesa de Viana, permanecendo exposta un mes no Museo Nacional do Traxe de Portugal. En setembro levarase ao Parlamento Europeo. A Concellería agasallará ás asociacións con exemplares do catálogo desta exposición.

Do 22 de xuño ao 30 de xullo, na Casa das Asociacións.

Axenda

Máis concertos con motivo do Día Europeo da Música

Continúan as actividades con motivo do Día Europeo da Música:

12:00 h Praza Feixóo
Aula Aberta de nenos/as de Música e Movemento-Escola de Müsica Berenguela.

12:30 h Praza Feixóo
Concerto de Balcóns-Escola Berenguela.

16:00 h Auditorio do Conservatorio Profesional de Santiago
Premios Extraordinarios Fin de Grao Profesional

17:00 h Casino de Santiago
Escola Estudio

18:00 h Praza do Toural
Obradoiro de Música Contemporánea para violinistas-Escola Municipal de Música

19:00 h Praza do Toural
Clapping Music-Escola Municipal de Música

19:30 h Praza do Toural
Poema Sinfónico dos 100 Metrónomos (L. Ligeti)- Escola Municipal de Müsica

20:30 h Casino de Santiago
Escola Municipal de Música

23:00 h Casino de Santiago
Javier Varela Prado, Piano

Ao longo de toda a xornada, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Obradoiro de monicreques en Conxo

Dentro do programa Santiago Encantado, obradoiro de monicreques a cargo de Titiriarte.

O xoves 24 e o venres 25, a partir das 18:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Xogos de sempre

Dentro do programa Aulas de Xogo, o CSC das Fontiñas organiza semanalmente unha actividade de recuperación dos xogos de sempre. O mes de xuño está dedicado aos grandes xogos.

O venres 25 de xuño, ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Babaluva Teatro representa "Lume"

No marco do programa Santiago Encantado, a compañía Babaluva Teatro leva a escena Lume.

O venres 25 de xuño, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural "Agustín Bueno" do Castiñeiriño.

Axenda

Jamila Purofilin e Liridade Noctámbula pechan "Revelando voces"

Os concertos da edición de 2010 do programa Revelando voces[/em+ péchanse con esta actuación final no Principal, con dúas das formacións máis interesantes do novo panorama musical na cidade: Jamila Purofilin e Liridade Noctámbula.

O venres 25 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: