Martes 22 de junio 2010

Axenda

Exposición de Nuria Ruibal na Zona C

A Zona C acolle unha exposición de Nuria Ruibal baixo o título Entre a razón e a pel.

Do 17 de xuño ao 12 de setembro, na Zona C.

Axenda

Mostra sobre a indumentaria tradicional na Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións acolle a exposición "A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros". A mostra é obra da Agrupación Folclórica Ximiela, coa colaboración da Deputación da Coruña. Consta de nove traxes rexionais, sete de muller e dous de home, en manequíns, representando a indumentaria tradicional das distintas comarcas galegas. Ademais, exhíbese unha colección de roupas, traxes infantís, adornos, xoiería e unha ampla colección de bonecas.

Todos os traxes foron confeccionados pola Agrupación Folclórica Ximiela, de Louro (Muros). Esta asociación naceu hai dez anos coa intención de ocupar o ocio infantil na parroquia con clases de baile, instrumentación e canto, formando un grupo folclórico. O traxes iniciais dos grupos de baile e gaita eran correntes, e entón propuxéronse confeccionar elos mesmos unha indumentaria luxosa, partindo do afamado que era tradicionalmente o traxe de Muros. Agora exhiben unha pequena mostra, pois teñen preto de cen traxes para todos os seus bailaríns e músicos.

Esta exposición comezou a súa andaina en Muros, o verán de 2009. Dende entón percorreu as salas de exposicións dos concellos de Outes, Mazaricos, Negreira, Ames, Carnota, Cee, Ribeira, Santa Comba, Boiro, Cerceda e Oroso. Tamén representou á Deputación nun programa de intercambio cultural coa cidade portuguesa de Viana, permanecendo exposta un mes no Museo Nacional do Traxe de Portugal. En setembro levarase ao Parlamento Europeo. A Concellería agasallará ás asociacións con exemplares do catálogo desta exposición.

Do 22 de xuño ao 30 de xullo, na Casa das Asociacións.

Axenda

Obradoiro de monicreques en Amio

Títeres Cachirulo imparte o obradoiro de monicreques Titiriarte, no marco do programa Santiago Encantado.

O martes 22 de xuño, ás 18:00 horas, no Local Sociocultural de Amio.

Axenda

Concertos con motivo do Día Europeo da Música

Continúan as actividades para conmemorar o Día Europeo da Música. Desta volta, haberá dous concertos no Casino e outro na Praza Salvador Parga.

Dentro do ciclo Veladas no Casino, ás 18:00horas, a Escola Municipal de Música ofrecerá un Conto musicado, mentres que, ás 20:00 horas, a Escola de Música Berenguela interpretará Música de cámara e obradoiro literario. Xa ás 23:00 horas, actuación ao piano de Javier Varela.

Ademais, ás 18:00 horas, estudantes do Conservatorio Histórico actuarán na Praza Salvador Parga.

Ás 18:00, 20:00 e 23:00 horas, no Casino.

Ás 18:00 horas, na praza Salvador Parga.

Axenda

Festa do Solsticio de Verán

A concelleira de Participación Cidadá organiza a II Festa do Solsticio de Verán, que terá lugar a noite do martes 22 de xuño na Casa das Asociacións (rúa Manuel Beiras, 3).

Ademais de fogueira e sardiñas, haberá actuacións musicais, das Pandeireteiras de Marantes e do grupo Van de Varanda. Outra das actividades será un espectáculo de maxia a cargo do Mago Xacobe e Teatro de Cámara Dítea porá a sorpresa escénica da noite con bruxas e conxuros.

A entrada é de balde. Unicamente se ofrecerá coas sardiñas e coa bebida un xerro conmemorativo de cerámica de Buño, a un prezo de dous euros.

O martes 22 de xuño, ás 21:30 horas, na Casa das Asociacións.

Compartir: