Sábado 19 de junio 2010

Axenda

Excursión "As paisaxes do verán"

O programa de viaxes e excursións 2010 da Rede de Centros Socioculturais organiza esta viaxe á península do Barbanza, con visitas á Curota, as dunas de Corrubedo e Ribeira.

O sábado 19 de xuño.

Inscricións nos centros socioculturais de Vite, As Fontiñas, O Ensanche, Conxo, O Castiñeiriño e A Trisca. As inscricións comezan o 3 de xuño a partir das 17:00 horas.

Prezo: Excursión dun día: 10 € (socio); 15€ (non socio). As comidas, entradas a museos, pazos, viaxes en catamarán...non están incluídas no prezo.

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición de Nuria Ruibal na Zona C

A Zona C acolle unha exposición de Nuria Ruibal baixo o título Entre a razón e a pel.

Do 17 de xuño ao 12 de setembro, na Zona C.

Axenda

XIX Feira do Libro Antigo e de Ocasión

Durante dúas semanas, o Paseo dos Leóns da Alameda compostelá alberga a tradicional Feira do Libro Antigo e de Ocasión, que na súa XIX edición conta coa participación de librarías de distintas comunidades españolas, con máis de 100.000 exemplares que se poñerán a venda durante os 15 días de feira.

Do 5 ao 20 de xuño, de 11:00 a 14.00 e de 17:30 a 21:30 horas, no Paseo dos Leóns da Alameda.

Axenda

Semana Intercultural de Conxo

O Centro Sociocultural de Conxo celebra a súa Semana Intercultural.

Do 15 ao 19 de xuño.

Axenda

Traballos manuais en Fontiñas

Sesión de manualidades para os sábados pola tarde dentro do programa Aulas de Xogo do Centro Sociocultural das Fontiñas.

O sábado 19 de xuño, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Contacontos con Talyta e Kumy

Sesión de contactontos con Talyta e Kumy, no marco do programa Santiago Encantado.

O sábado 19 de xuño, ás 19:00 horas, no Local Sociocultural do Eixo.

Axenda

LeManiot actúa en "Revelando voces"

O programa Revelando voces, da Concellaría de Cultura, segue descubrindo novos grupos da cidade. Nesta ocasión actúa LeManiot, unha formación que mestura o jazz vocal con outras tradicións musicais.

O sábado 19 de xuño, ás 21:00 horas, no Centro Sociocultural "Agustín Bueno" do Castiñeiriño.

Axenda

Meredith Monk no ciclo Sons da Diversidade

Meredith Monk é unha compositora, cantante, coreógrafa, autora de nova ópera e directora de películas e instalacións. Unha artista poliédrica que é a encargada de pechar esta edición do ciclo Sons da Diversidade

O sábado 19 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: