Viernes 28 de mayo 2010

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Xogo xigante en Conxo

No marco do programa Aula de Xogo, celébrase o Día Internacional do Xogo cun xogo xigante.

O venres 28 de maio, ás 17:30 horas, na praza Aurelio Aguirre, en Conxo.

Axenda

Variantes do pilla

O programa Aula de Xogo da rede de Centros Socioculturais organiza este campionato anual de xogos tradicionais, nesta ocasión centrado nas variantes do xogo do pilla.

O venres 28 de maio, ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Títeres na Trisca

Títeres Cascanueces representa O gran Ketumba ketamba.

O venres 28 de maio, ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural da Trisca.

Axenda

Contacontos con Eduvia en Vite

O programa Santiago Encantado leva os contactontos a Vite, esta vez da man de Eduvia.

O venres 28 de maio, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural de Vite.

Axenda

Festa das Letras

Festa das Letras coa actuación de Talía Teatro, Celso Sanmartín, A Banda da Balbina e Espido.

Presenta: Belén Regueira

Entrada de balde, mais con convite, a recoller nos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos colaboradores.

Patrocina: Deputación da Coruña

Colaboran: Concello de Ames, Concello de Dodro, Concello de Oroso, Concello de Rois, Concello de Santiago, Concello de Teo.

O venres 28 de maio, ás 20:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns (Concello de Ames).

Axenda

VII Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto 2010

Celébrase en varios espazos da cidade o VII Festival de Curtametraxes Curtocircuíto 2010.

Máis información: Curtocircuíto

Do 23 ao 30 de maio.

Compartir: