Viernes 21 de mayo 2010

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Star Wars nas rúas de Compostela

O 21 de maio cúmprense 30 anos da estrea do filme O imperio contraataca, o primeiro da saga da Guerra das Galaxias. Para celebralo organizouse mediante unha iniciativa popular un desfile de personaxes de Star Wars nas rúas de Compostela.

O venres 21 de maio, a partir das 17:00 horas.

Axenda

Obradoiro de creación de títeres en Busto

No marco do programa Santiago Encantado, obradoiro de creación de títeres a cargo de Titiriarte.

O venres 21 de maio, ás 18:00 horas, no Local Sociocultural de Busto.

Axenda

Animación á lectura con Argallando

A compañía Argallando ofrece unha actividade para achegar o pracer de ler aos nenos e nenas de 5 a 12 anos.

O venres 21 de maio, ás 18:00 hroas, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Variantes do pilla

O programa Aula de Xogo da rede de Centros Socioculturais organiza este campionato anual de xogos tradicionais, nesta ocasión centrado nas variantes do xogo do pilla.

O venres 21 de maio, ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Contacontos con Soledad Felloza nas Cancelas

No marco do rpograma Santiago Encantado, sesión de contacontos a cargo de Soledad Felloza.

O venres 21 de maio, ás 19:00 hroas, no Local Sociocultural das Cancelas.

Axenda

Sesión de ilustración no Castiñeiriño

O programa Santiago Encantado ofrece esta vez unha sesión práctica de ilustración.

O venres 21 de maio, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural "Agustín Bueno" do Castiñeiriño.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Mostra do Teatro Universitario de Galicia

O Teatro Principal acolle unha nova edición da Mostra de Teatro Universitario de Galicia.

Do 18 ao 22 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

O Centro Dramático Nacional presenta "Platonov", de Chejov

Gerardo Vera e o Centro Dramático Nacional presentan esta espectacular montaxe a partir do Platonov de Chejov, unha obra sobre a caída dun home e sobre a extinción dun mundo. Juan Mayorga é o responsable da adaptación desta obra primeiriza e xa maxistral do escritor ruso, na que descobre personaxes, espazos, atmosferas e tensións que dominarán as súas obras de madurez.

O venres 21 e o sábado 22 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: