Jueves 20 de mayo 2010

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Ensaio aberto da Banda Municipal

A Banda Municipal de Santiago ofrece ao público compostelán un ensaio aberto. Durante o mesmo realizarase unha presentación dos membros da Banda e unha breve explicación sobre a agrupación.

O xoves 20 de maio, ás 12:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Charla sobre alcohol e sociedade

Continúan as charlas das Segundas Xornadas de Información Sociosanitaria das Fontiñas, que nesta ocasión contaran como relator con Lino Quiñoy, presidente de AISA (Asociación de Axuda Integral Santiaguesa ao Alcohólico).

O xoves 20 de maio, ás 20:00 horas, no centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Charla sobre o traballo en igualdade

A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, moderará o vindeiro xoves, a partir das 20:00 horas, unha mesa redonda baixo o título "A Lei 2/2007, do traballo en igualdade das mulleres en Galicia. Tres anos da súa aplicación práctica".

Nesta mesa redonda participarán a secretaria xeral da Cámara de Comercio, Industria e Navegación, Filomena Casal Gómez, e a asesora xurídica do Centro de Información á Muller da Coruña, María Debén Alfonso. Elas analizarán os resultados da aplicación desta lei autonómica cando se cumpren tres anos da súa aprobación.

O xoves 20 de maio, ás 20:00 horas, na Cámara de Comercio de Santiago, en San Pedro de Mezonzo, 44 baixo.

Axenda

Mostra do Teatro Universitario de Galicia

O Teatro Principal acolle unha nova edición da Mostra de Teatro Universitario de Galicia.

Do 18 ao 22 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: