Domingo 16 de mayo 2010

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A Banda Municipal celebra o Día das Letras

Para celebrar o Día das Letras Galegas, a Banda Municipal de Santiago realiza un concerto especial no que participará o gaiteiro J. Manuel López 'Josele'. Entre as obras que inclúe o progama atópanse Alborada Galega, de P. Veiga e X.L. Represas; Pico Sacro, de E. Campos; Celtia, de E. G. Arroitajauregui e Xosé Carlos Seráns; Impresións galegas, de E. Saavedra; A lenda de Montelongo, de B. Del Río e X. L. Represas; e Negra Sombra, de X. Montes X. Carlos Seráns.

O domingo 16 de maio, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Compartir: