Sábado 24 de abril 2010

Axenda

Exposición "As Misións Pedagóxicas 1931-1936"

A Casa das Asociacions acolle a mostra As Misións Pedagóxicas 1931-1936. Esta exposición divídese en varios epígrafes que percorren dende os antecedentes desta experiencia ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: o Servizo de Bibliotecas, o Museo do Pobo, o Cine, o Coro e Teatro do Pobo, o Servizo de Música ou o Retablo de Fantoches, que naceu en terras galegas. Os habitantes das aldeas e das vilas ás que chegaron as Misións, así coma os intelectuais, pintores, escritores ou mestres que colaboraron nesta iniciativas, son os protagonistas da mostra.

A exposición tamén quere reflexionar sobre o que supuxeron as Misións Pedagóxicas para aquela mocidade de entón e o corte que produciu nas súas biografías o estalido da Guerra Civil. Por iso, tamén están programadas paralelamente mesas redondas, abertas ao público, coa participación de destacados representantes de ámbitos pedagóxicos, da historia da arte e da creación cultural, así como visitas guiadas para estudantes universitarios e de secundaria.

Ata o 30 de abril na Casa das Asociacións (rúa manuel Beiras, 3 - antiga estación de Cornes).

Mañás: de 9:00 a 14:00 horas (luns a venres) e de 10.00 a 14:00 horas (sábado)

Tardes: de 16:30 a 21:30 horas (martes a sábado)

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Titiriarte" en Vite

No marco do programa Santiago Encantado, obradoiro de títeres baixo o título Titiriarte, a cargo de Títeres Cachirulo.

O sábado 24 de abril, ás 11:30 horas, no Centro Sociocultural de Vite.

Axenda

Contacontos en Marantes

Sesión de contacontos infantil no marco do programa de animación á lectura Santiago Encantado.

O sábado 24 de abril, ás 12:00 horas, no Local Sociocultural de Marantes.

Axenda

Maxia co Gran Pedrini e o Mago da Bolsa

A maxia chega aos centros socioculturais de Compostela co programa Compostela Máxica. Neste caso será o Gran Pedrini e o Mago da Bolsa quen se encargue de sorprender a nenos e nenas e maiores.

O sábado 24 de abril, ás 12:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

O Cirque du Soleil presenta en Santiago "Saltimbanco"

O Cirque du Soleil chega por primeira vez a Galicia. 50 artistas de 20 nacionalidades e 140 profesionais representan o espectáculo Saltimbanco, unha exhibición de acrobacias, maxia, luz e son dirixida a todos os públicos.

No Multiusos Fontes do Sar.

Mércores 21 de abril, ás 21:30 horas.
Xoves 22 de abril, ás 17:30 e 21:30 horas.
Venres 23 de abril, ás 17:30 e 21:30 horas.
Sábado 24 de abril, ás 17:30 e 21:30 horas.
Domingo 25 de abril, ás 17:00 horas.

Axenda

Creación dun mural colectivo no portalón do CSC das Fontiñas

Nenos, mozos e adultos están convidados a participar neste obradoiro artístico que se desenvolverá ao longo de cinco tardes e que ten por obxectivo crear un mural no portalón exterior do centro sociocultural.

Valéndose do graffiti como ferramenta, crearase un mural artístico coa técnica do trampantollo. O colectivo de cómic Cerditos de Guinea será os encargado de coordinar o obradoiro.

Do 20 ao 24 de abril, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Obradoiro de encadernación no Ensanche

Obradoiro de encadernación para todos os públicos e que servirá para conmemorar o Día do Libro, no marco do programa de animación á lectura Santiago Encantado.

O sábado 24 de abril, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Concerto do GTC en Marrozos

Concerto do Grupo Tradicional Contemporáneo de aCentral Folque, dentro do programa de actuacións musicais nos centros socioculturais No Campo de Fóra.

O sábado 24 de abril, ás 20:00 horas, no Local Sociocultural de Marrozos.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Con A de astrónomas

Mostrarlle ao público as considerables achegas das mulleres á ciencia da Astronomía ao longo da historia. Este é o principal obxecto da mostra Con A de astrónomas. Unha visión do Cosmos na fin do camiño das estrelas.

A Concellería de Educación colabora nesta exposición, promovendo a participación do alumnado da cidade.

No Colexio de Fonseca ata o 29 de abril.

Axenda

Femi Kuti no ciclo Sons da Diversidade

Fillo do mítico músico e líder nixeriano Fela Anikulapo Kuti, Femil Kuti herdou a coroa de rei do afrobeat. En Santiago presenta o seu primeiro álbum de estudo en sete anos, Day by day.

O sábado 24 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: