Domingo 11 de abril 2010

Axenda

Exposición "As Misións Pedagóxicas 1931-1936"

A Casa das Asociacions acolle a mostra As Misións Pedagóxicas 1931-1936. Esta exposición divídese en varios epígrafes que percorren dende os antecedentes desta experiencia ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: o Servizo de Bibliotecas, o Museo do Pobo, o Cine, o Coro e Teatro do Pobo, o Servizo de Música ou o Retablo de Fantoches, que naceu en terras galegas. Os habitantes das aldeas e das vilas ás que chegaron as Misións, así coma os intelectuais, pintores, escritores ou mestres que colaboraron nesta iniciativas, son os protagonistas da mostra.

A exposición tamén quere reflexionar sobre o que supuxeron as Misións Pedagóxicas para aquela mocidade de entón e o corte que produciu nas súas biografías o estalido da Guerra Civil. Por iso, tamén están programadas paralelamente mesas redondas, abertas ao público, coa participación de destacados representantes de ámbitos pedagóxicos, da historia da arte e da creación cultural, así como visitas guiadas para estudantes universitarios e de secundaria.

Ata o 30 de abril na Casa das Asociacións (rúa manuel Beiras, 3 - antiga estación de Cornes).

Mañás: de 9:00 a 14:00 horas (luns a venres) e de 10.00 a 14:00 horas (sábado)

Tardes: de 16:30 a 21:30 horas (martes a sábado)

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Procesión do Cristo da Paciencia

Punto de saída
Catedral

Percorrido
Praza do Obradoiro - Praza das Praterías – Rúa do Vilar – Porta Faxeira – Avenida de Xoán Carlos I – Avenida de Rosalía de Castro – Avenida de Vilagarcía – Rúa de García Prieto – Rúa de Sánchez Freire – Iglesia de A Mercé (Conxo)

A ter en conta...
Procesiona o Martes Santo e o domingo "Dominica in albis".

Procesiona con cruz de guía parroquial, música de banda de cornetas e tambores e de banda de música municipal.

Os seus confrades visten hábito de sarga branca con puños, faixa y carapucha vermella. A talla do Santísimo Cristo da Paciencia é un crucificado que substitúe ao titular de Gregorio Fernández, na procesión.

Ás 11:00 horas, dende a Catedral.

Axenda

A Banda Municipal interpreta aos compositores rusos

Dentro do Ciclo de Grandes Compositores, a Banda Municipal de Música adicará un concerto aos compositores rusos. A agrupación interpretará Danzas Guerreiras do Príncipe Igor, de A. Borodin; A Grande Pascua Rusa, de N. Rimski-Korsakov; Stemka Razin, de A. Glazunov; e Boris Goudunov, de M. Moussorgsky.

O domingo 11 de abril, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

III Festival Conéctate

A Asociación Parkinson Compostela organiza este festival que ten por obxectivo recadar fondos para a asociación. Estará presentado pola xornalista Inés Dopazo, e contará co humor de Mucha e Nucha, a música de Vaamonde, Lamas & Romero e os números circenses de Pista Catro.

O domingo 11 de abril, ás 19:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Con A de astrónomas

Mostrarlle ao público as considerables achegas das mulleres á ciencia da Astronomía ao longo da historia. Este é o principal obxecto da mostra Con A de astrónomas. Unha visión do Cosmos na fin do camiño das estrelas.

A Concellería de Educación colabora nesta exposición, promovendo a participación do alumnado da cidade.

No Colexio de Fonseca ata o 29 de abril.

Compartir: