Jueves 7 de enero 2010

Axenda

Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Unha selección de 35 obras de entre as 158 presentadas compoñen a Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.

A mostra está composta polas obras pertencentes aos seguintes artistas: Mª Covadonga Barreira, Borja Doel, Joan Morera, A Ama de casa, Sara Fuentes, Desperfecta, Nuria Villa, Ignacio García, Fruela Alonso, Holga Méndez, Mónica Cabo, Víctor Hugo Costas, Tamara Feijoo, Josetxu F. Cárcamo, Fran Miguens, Juan Varela, Damián Ucieda, Enrique Lista, Chas, Nicolás Combarro, Jesús Madriñán, Maribel Castro, Christian García Bello, Marcos Blanco, Dolores Fuertes, Mauro Trastoy, Eduardo Valiña, Jacobo Bugarín, Batbirulau, Nuria Ruibal, Olmo Blanco, Raquel Durán, Jorge Migoya, Olmo Cuña e Fur Alle Falle.

Do 2 de decembro ao 28 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Pista de xeo en Amio

Todos os composteláns están chamados a gozar da patinaxe sobre xeo na pista instalada no Recinto Feiral de Amio.

Do 18 de decembro ao 17 de xaneiro, no Recinto Feiral de Amio.

Horarios:
- De domingo a mércores: 11:00 a 14.00 e 16:00 a 22:00 horas.

- De xoves a sábado. 11.00 a 14:00 e 16:00 a 02:00 horas.

Axenda

Cirque Ici trae a Santiago o seu último espectáculo circense

Cirque Ici, ou o que é o mesmo, o artista circense Johan Le Guillerm, trae a Santiago o seu último e virtuoso espectáculo, froito dunha viaxe arredor do mundo e de dous anos de investigación.

Os días 3, 4, 9 e 10 de xaneiro, ás 19:00 horas. Os días 6 e 7 de xaneiro, ás 21:00 horas.

Na praza da Música en Compostela, a carón do Auditorio de Galicia.

Axenda

"Microvoyages", de Esther Ruíz de Pablos, na Zona C

Baixo o nome de Microvoyages, a novísima Esther Ruíz de Pablos presenta este proxecto expositivo no que domina o espírito audiovisual.

A mostra é o resultado do traballo do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e está comisariado por Antonio Díaz Correa.

Do 5 de novembro ao 31 de xaneiro na Zona C.

Axenda

Vivica Genaux pecha "Todo Lírica"

A mezzosoprano Vivica Genaux, estrela da lírica actual, acompañada ao piano por Carlos de Aragón, ofrecerá o concerto de clausura de Todo Lírica IX Festival de Zarzuela de Santiago.

O xoves 7 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: