Miércoles 27 de enero 2010

Axenda

Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Unha selección de 35 obras de entre as 158 presentadas compoñen a Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.

A mostra está composta polas obras pertencentes aos seguintes artistas: Mª Covadonga Barreira, Borja Doel, Joan Morera, A Ama de casa, Sara Fuentes, Desperfecta, Nuria Villa, Ignacio García, Fruela Alonso, Holga Méndez, Mónica Cabo, Víctor Hugo Costas, Tamara Feijoo, Josetxu F. Cárcamo, Fran Miguens, Juan Varela, Damián Ucieda, Enrique Lista, Chas, Nicolás Combarro, Jesús Madriñán, Maribel Castro, Christian García Bello, Marcos Blanco, Dolores Fuertes, Mauro Trastoy, Eduardo Valiña, Jacobo Bugarín, Batbirulau, Nuria Ruibal, Olmo Blanco, Raquel Durán, Jorge Migoya, Olmo Cuña e Fur Alle Falle.

Do 2 de decembro ao 28 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Microvoyages", de Esther Ruíz de Pablos, na Zona C

Baixo o nome de Microvoyages, a novísima Esther Ruíz de Pablos presenta este proxecto expositivo no que domina o espírito audiovisual.

A mostra é o resultado do traballo do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e está comisariado por Antonio Díaz Correa.

Do 5 de novembro ao 31 de xaneiro na Zona C.

Axenda

Obradoiro do espectador no CSCX do Ensanche

Primeira sesión dun novo obradoiro do espectador, unha actividade que trata de achegar o público á escena contemporánea, neste caso a través de Rewind, de Borja Fernández e Uxía P. Vaello.

Nesta primeira sesión de adestramento, os participantes contextualizan o espectáculo que van ver máis adiante. Uns días despois asisten ao espectáculo escénico contemporáneo e un coloquio posterior cos axentes creativos do espectáculo.O espectáculos e o encontro cos creadores terá lugar o 30 de xaneiro, ás 21:30 horas, na Sala Nasa.

O mércores 27 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Ricardo Muti dirixe a Orquestra Giovanile Cherubini

O exdirector musical de La Scala Musical, Ricardo Muti, chega a Santiago coa orquestra que reúne os mellores músicos novos de toda Italia, a Orquestra Giovanile Cherubini, para interpretar obras de Tchaikovsky, Stravinsky e Beethoven.

O mércores 27 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Palacio de Congresos e Exposicións.

Compartir: