Jueves 24 de septiembre 2009

Axenda

A mostra "Latexos dun mundo convulso", no Auditorio

O Auditorio de Galicia presenta unha colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.

Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada Latexos dun mundo convulso, que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.

Do 17 de setembro ao 2 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A primeira liña do ferrocarril galego: Cornes-Carril

A Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril e o CSC Conxo presentan unha exposición con motivo da XXIV Semana Cultural de Conxo, que permite coñecer a que foi a primeira liña de ferrocarril galega, que unía Cornes con Carril, inaugurada o 15 de setembro de 1873.

Do 8 ao 30 de setembro, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Xogos con lapis e papel no CSC das Fontiñas

Continúan as actividades da aula de xogo do CSC das Fontiñas. Desta vez, oportunidade de gozar de moreas de xogos empregando só un lapis e papel.

Os días 22, 23, 24, 25 e 26, ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Concerto da Banda Municipal

A Banda Municipal de Música saca o seu repertorio á rúa baixo a batuta de Carlos Seráns. Os peóns poderán deleitarse coa formación de trinta e cinco intérpretes que constitúe un dos referentes musicais da cidade.

O xoves 24 de setembro, ás 19:30 horas, na rúa do Vilar.

Axenda

Obradoiro de pandeiretas no CSC da Rocha

Dentro das actividades da Semana Cultural da Rocha, celébrase un obradoiro de pandeiretas.

O xoves 24 de setembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural da Rocha.

Axenda

"Frida", segundo A Internacional Teatro

A Internacional pon en pé a biografía da pintora mexicana Frida Kahlo, recuperando episodios da súa infancia que marcaron as súas principais obsesións.

A actriz Manuela Varela dá vida a Frida Kahlo, nunha nova revisión da pintora, o seu mito e a relevancia histórica do seu personaxe. Con ela, Alfredo Padilla interpreta ao mesmo tempo a varios personaxes claves, apoiándose nun texto ben construído e na dirección de Jorge Rey.

O mércores 23 e o xoves 24 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: