Viernes 18 de septiembre 2009

Axenda

A mostra "En branco", de Jesús Madriñán, na Zona "C"

Jesús Madriñán expón a súa obra na Zona "C", nunha mostra comisariada por Clara Rodríguez Cordeiro e coa colaboración do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago.

Do 24 de xuño ao 20 de setembro, na Zona "C".

Axenda

A mostra "Latexos dun mundo convulso", no Auditorio

O Auditorio de Galicia presenta unha colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.

Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada Latexos dun mundo convulso, que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.

Do 17 de setembro ao 2 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A primeira liña do ferrocarril galego: Cornes-Carril

A Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril e o CSC Conxo presentan unha exposición con motivo da XXIV Semana Cultural de Conxo, que permite coñecer a que foi a primeira liña de ferrocarril galega, que unía Cornes con Carril, inaugurada o 15 de setembro de 1873.

Do 8 ao 30 de setembro, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Concerto inaugural da Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Maximino Zumalave, executará o concerto inaugural de temporada. Interpretaranse pezas de Pérez Gutiérrez e mais de Schubert, acompañados polo Coro da Camera di Bologna.

O venres 18 de setembro, ás 21:00 horas, na Catedral de Santiago.

Compartir: