Viernes 3 de julio 2009

Axenda

Vive o Verán

Vive o Verán! segue enchendo de actividades a época de vacacións en Compostela. O programa componse de cursos de tai chi e ximnasia terapéutica; actividades dirixidas aos máis pequenos como o Xogandoando, xogos de sempre nos parques, excusións ao Parque Acuático de Cerceda e a Bibliopiscina; obradoiros de aeromodelismo e medioambientais; actividades astronómicas, Liberalibros, cinema ao aire libre e visitas guiadas aos espazos verdes da cidade (ríos, parques, etc.).

Ao longo dos meses de xullo e agosto en diversos espazos da cidade.

Axenda

"Mulleres en plural": exposición fotográfica no Auditorio

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra que leva por título Mulleres en plural. As mulleres a través do obxectivo dos grandes fotógrafos do século XX. Está comisariada por Lola Garrido e conta con traballos de fotógrafos de talla internacional como Robert Frank, Alberto García-Alix ou o galego Vari Caramés.

Do 11 de xuño ao 2 de agosto, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A mostra "En branco", de Jesús Madriñán, na Zona "C"

Jesús Madriñán expón a súa obra na Zona "C", nunha mostra comisariada por Clara Rodríguez Cordeiro e coa colaboración do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago.

Do 24 de xuño ao 20 de setembro, na Zona "C".

Compartir: