Domingo 14 de junio 2009

Axenda

"Mulleres en plural": exposición fotográfica no Auditorio

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra que leva por título Mulleres en plural. As mulleres a través do obxectivo dos grandes fotógrafos do século XX. Está comisariada por Lola Garrido e conta con traballos de fotógrafos de talla internacional como Robert Frank, Alberto García-Alix ou o galego Vari Caramés.

Do 11 de xuño ao 2 de agosto, no Auditorio de Galicia.

Axenda

XXII Concurso de Baile Cantigas e Agarimos

A Escola de Cantigas e Agarimos celebra a vixésimo segunda edición do seu concurso de baile.

O domingo 14 de xuño, a partir das 10:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música

A Banda Municipal de Música, baixo a batuta de Casiano Mouriño, ofrece o habitual concerto da mañá dos domingos.

O domingo 14 de xuño, ás 12:00 horas, na rúa do Vilar.

Axenda

Bailes na praza Aurelio Aguirre

O Centro Sociocultural de Conxo organiza unha sesión de baile tradicional na praza Aurelio Aguirre á que están convidados todos os veciños do barrio e a cidade.

O domingo 14 de xuño, ás 17:00 horas, na praza Aurelio Aguirre de Conxo.

Axenda

Concerto de Anne Clark no festival Sons da Diversidade

Remata o programa do primeiro semestre do festival Sons da Diversidade cun concerto a cargo da británica Anne Clark, que combina o emprego de intrumentación electrónica con temas persoais e intimistas.

O domingo 14 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: