Miércoles 8 de abril 2009

Axenda

Sara Fuentes expón "1:10" na Zona "C"

1:10 é un proxecto específico de Sara Fuentes Cid para a Zona "C". Componse de 14 fotografías de pequeno tamaño en forma de caixas que representan detalles recollidos da arquitectura do espazo expositivo contiguo, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Do 25 de febreiro ao 19 de abri, na Zona "C" (rúa de San Domingos de Bonaval, 1). Todos os días, excepto o luns, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A

Axenda

IV Festival de Músicas Contemplativas: Música Antiqua Roma

Chega o segundo concerto do IV Festival de Músicas Contemplativas cun recital a cargo da agrupación Música Antiqua Roma, dirixida por Ricardo Minasi, que interpretará un repertorio relixioso de Haendel.

O mércores 8 de abril, ás 20:30 horas, na igrexa do convento do Carme.

Axenda

Música de Iraq co Ensemble Farida Muhammad Ali & Iraqui Maqam

O IV Festival de Músicas Contemplativas achégase á tradición musical de Iraq a través do Ensemble Farida Muhammad Ali & Iraqui Maqam, que combina música antiga con poesía mística da tradición persa e árabe.

O mércores 8 de abril, ás 22:30 horas, no claustro do convento de San Francisco.

Compartir: