Miércoles 29 de abril 2009

Axenda

Concerto didáctico da soprano Laura Alonso e o Dúo Rivera no Auditorio de Galicia

O Auditorio de Galicia promove un novo concerto didáctico co propósito de introducir os máis pequenos na música clásica. Desta volta as protagonistas serán a soprano Laura Alonso, a violinista Raquel Rivera e a pianista María Luz Rivera.

O martes 28 e o mércores 29 de abril, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

Música na Compañía a cargo do grupo de cámara da Real Filharmonía de Galicia

Continúa o ciclo Música na Compañía, da agrupación de Cámara da Real Filharmonía de Galicia, cun repertorio composto por composicións de Franz Schubert.

O mércores 28 de abril, ás 20:30 horas, na igrexa da Universidade.

Axenda

Redrum Teatro pon en escena "A pensión", de Álex Sampayo

A Pensión é un conto de suspense que explora as consecuencias da soedade, mergullándose nun mundo interior complexo, produto do abandono, do illamento e da falta de comunicación. A obra, dirixida por Álex Sampayo, chega a Santiago da man de Redrum Teatro.

O mércores 29 e o xoves 30 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: