Miércoles 22 de abril 2009

Axenda

Semana Social e Cultural do Ensanche

A Concellaría de Centros Socioculturais organiza a Semana Social e Cultural do Ensanche do 20 ao 25 de abril. Tras dous anos de traballo no barrio do Ensanche, preténdese poñer en valor a importancia da participación das persoas cercanas ao centro sociocultural. Cada ano, a Semana Social e Cultural está adicada a unha temática. Este ano os protagonistas son eles precisamente, as persoas cercanas ao centro sociocultural. Cidadáns irrepetibles, con identidade singular.

Do 20 ao 25 de abril, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Concerto da Real Filharmonía de Galicia coa soprano Mélanie Diener

O programa de Abono da Real Filharmonía de Galicia achégase neste novo recital ao canto na voz da soprano Mélanie Diener e baixo a dirección de Antonio Ros Marbà. Interpretaranse obras de Wagner, Strauss e Ravel.

O mércores 22 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: