Martes 21 de abril 2009

Axenda

Semana Social e Cultural do Ensanche

A Concellaría de Centros Socioculturais organiza a Semana Social e Cultural do Ensanche do 20 ao 25 de abril. Tras dous anos de traballo no barrio do Ensanche, preténdese poñer en valor a importancia da participación das persoas cercanas ao centro sociocultural. Cada ano, a Semana Social e Cultural está adicada a unha temática. Este ano os protagonistas son eles precisamente, as persoas cercanas ao centro sociocultural. Cidadáns irrepetibles, con identidade singular.

Do 20 ao 25 de abril, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Ensaio aberto da Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Antoni Ros Marbà

Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Antonio Ros Marbà, ofrece un novo ensaio aberto de entrada libre, no que se interpretará a rapsodia española Dafnis e Cloe, suite núm. 2 de Maurice Ravel.

O martes 21 de abril, ás 17:45 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto dos pianistas Sara Domínguez e Víctor Camacho na Escola Municipal de Música

Os pianistas Sara Domínguez e Víctor Camacho ofrecen un concerto na Escola Municipal de Música. Interpretarán composicións de Debussy, Ligeti, Satie, Copland e Ravel.

O martes 21 de abril, ás 20:00 horas, no salón de actos da Escola Municipal de Música.

Compartir: