Sábado 18 de abril 2009

Axenda

Sara Fuentes expón "1:10" na Zona "C"

1:10 é un proxecto específico de Sara Fuentes Cid para a Zona "C". Componse de 14 fotografías de pequeno tamaño en forma de caixas que representan detalles recollidos da arquitectura do espazo expositivo contiguo, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Do 25 de febreiro ao 19 de abri, na Zona "C" (rúa de San Domingos de Bonaval, 1). Todos os días, excepto o luns, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A

Axenda

Animario e CDN levan a escena "Urtain" no ciclo Teatro e Danza en Xira

Urtain foi un boxeador tan mediocre como o era a España franquista de finais dos anos 60 e comezos dos 70 do pasado século. Porén (ou talvez grazas a isto), acadou unha gran sona e converteuse nun dos grandes personaxes 'mediáticos' do país. A historia chega da man de Animalario e do Centro Dramático Nacional.

O venrs 17 e o sábado 18 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: