Viernes 17 de abril 2009

Axenda

Sara Fuentes expón "1:10" na Zona "C"

1:10 é un proxecto específico de Sara Fuentes Cid para a Zona "C". Componse de 14 fotografías de pequeno tamaño en forma de caixas que representan detalles recollidos da arquitectura do espazo expositivo contiguo, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Do 25 de febreiro ao 19 de abri, na Zona "C" (rúa de San Domingos de Bonaval, 1). Todos os días, excepto o luns, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A

Axenda

Torneo interxeracional de xadrez 2009 nas Fontiñas

O Centro Sociocultural das Fontiñas acolle o 17 de abril un torneo interxeracional de xadrez que xuntará ao redor deste deporte de mesa a pequenos e maiores nunha singular iniciativa..

O torneo celebrarase das 17.00 ás 21.00 horas e comezará cunha partidas simultáneas para as que haberá que se apuntar previamente. A competición disputarase por equipos, de persoas maiores de 55 anos de menores (de 8 a 14 anos) e estarán compostos por 10 xogadores cada un.

O torneo disputarase polo sistema de dúas roldas por equipos, unha con brancas e outra con negras. O ritmo de xogo será de 30 minutos por xogador toda a partida máis un incremento de 10 segundos por xogada realizada.

O venres 17 de abril, entre as 17:00 e as 21:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Recital de Christian Zacharias no ciclo de piano Ángel Brage

O ciclo de Piano Angel Brage celebra unha nova cita coa visita ao Auditorio de Galicia de Christian Zacharias, considerado un dos grandes pianistas alemáns, ademais de notable investigador en musicoloxía.

O venres 17 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Animario e CDN levan a escena "Urtain" no ciclo Teatro e Danza en Xira

Urtain foi un boxeador tan mediocre como o era a España franquista de finais dos anos 60 e comezos dos 70 do pasado século. Porén (ou talvez grazas a isto), acadou unha gran sona e converteuse nun dos grandes personaxes 'mediáticos' do país. A historia chega da man de Animalario e do Centro Dramático Nacional.

O venrs 17 e o sábado 18 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: