Viernes 27 de marzo 2009

Axenda

Exposición retrospectiva de Antón Mouzo

O Auditorio de Galicia acolle nas súas salas a exposición retrospectiva de Antón Mouzo (Vimianzo, 1957 - A Coruña, 2007). A mostra presentará un percorrido polas obras realizadas dende principios dos anos oitenta ata as súas derradeiras producións.

No Auditorio de Galicia, todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, agás os días de concerto, que pecha ás 19:00 horas.

Axenda

Sara Fuentes expón "1:10" na Zona "C"

1:10 é un proxecto específico de Sara Fuentes Cid para a Zona "C". Componse de 14 fotografías de pequeno tamaño en forma de caixas que representan detalles recollidos da arquitectura do espazo expositivo contiguo, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Do 25 de febreiro ao 19 de abri, na Zona "C" (rúa de San Domingos de Bonaval, 1). Todos os días, excepto o luns, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A

Axenda

"Emma", de Teatro Arriaga, abre Teatro e Danza En Xira 2009

Teatro Arriaga, baixao a dirección de Ramón Barea, trae a Santiago Emma, de Howard Zinn, cun extraordinario elenco de actrices e actores vascos, con Toni Acosta incorporando a Emma, a gran loitadora pola xustiza e a igualdade.

O venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: