Martes 17 de febrero 2009

Axenda

Exposición sobre o lobo no CSC de Vite

O Centro Sociocultural José Saramago de Vite acolle a exposición O lobo, unha carreira pola supervivencia, promovida pola Concellaría de Medio Ambiente. Esta mostra chega a Compostela da man da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, (Adega); o grupo ecoloxista ERVA e a Asociación de Amizade das Artes Galego-Portuguesa (AAAGP), e pretende ser un alegato pola conservación do lobo ibérico e os seus hábitats.

Esta mostra contén paneis divulgativos sobre a situación do lobo en Galicia; fotografías sobre a especie e o seu medio; elementos relacionados coa bioloxía do lobo e elementos que evidencian a presenza do lobo na cultura. Conta tamén cunha mostra bibliográfica e un documental sobre o lobo rodado en liberdade. Ademais de poder visitala a título individual, tamén existe a posibilidade de facer visitas guiadas e, ademais, celebraranse actividades complementarias.

Ata o 17 de marzo, no CSC José Saramago de Vite,

Axenda

Concerto didáctico de Abe Rábade no Auditorio de Galicia

O Auditorio de Galicia organiza un novo concerto didáctico que pretende introducir na música de jazz aos máis pequenos da casa, da man do pianista compostelán Abe Rábade.

O martes 17 e o mércores 18, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto do grupo de Cámara da Real Filharmonía de Galicia

O grupo de cámara da Real Filharmonía de Galicia ofrece un novo concerto no ciclo Música na Compañía, no que vai interpretar obras de Salvador Brotons, Bohuslan Martinu, Philip Parker e Toru Takemitsu.

O martes 17 de febreiro, ás 20:30 horas, no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia.

Compartir: