Lunes 26 de octubre 2009

Axenda

A mostra "Latexos dun mundo convulso", no Auditorio

O Auditorio de Galicia presenta unha colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.

Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada Latexos dun mundo convulso, que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.

Do 17 de setembro ao 2 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A Real Filharmonía intepreta a Balboa, Schoenberg e Mozart

O director titular da orquestra, Antoni Ros Marbà, dirixirá un concerto que incluirá a Saturnal, de Manuel Balboa; a Noite transfigurada, op. 4, de Schoenberg -en versión de 1917- e a Sinfonía núm. 41 en do maior, KV 551 ou Xúpiter, de Wolfgang Amadeus Mozart.

O xoves 26 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: