Sábado 26 de abril 2008

Axenda

"A historieta galega", no Auditorio

A Historieta Galega. 1978-2008 presenta un percorrido histórico pola banda deseñada galega dende os anos 70 até o tempo actual. Amais celebraranse en paralelo á exposición unha serie de clases maxistrais e actividades para os máis pequenos.

Do 6 de marzo ao 6 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

O CSC da Trisca acolle a exposición "Dispositivo de intercambio"

O Centro Sociocultural da Trisca acolle do 22 ao 30 de abril a mostra ""Dispositivo de intercambio". Contén obras de Andrei Bosneaga, An Maria David, Alexandru Cristian Munteanu, David Deshormeaux, Thomas Dufour, Louise Lavard, Katariina Vesterinen e Guiomar Diaz Sanz.

Os artistas presentes nesta exposición son estudantes que mediante Erasmus viaxaron desde diversos paises de Europa ( Rumanía, Francia e Finlandia) para continuar os seus estudos na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Tamén está presente na exposición unha alumna que procede da Facultade de Belas Artes de Cuenca e estuda tamén en Pontevedra mediante unha bolsa Séneca.

O título desta exposición alude á idea de que as bolsas de intercambio funcionan como dispositivo de intercambio cultural. Ao mesmo tempo pódese pensar que o edificio do Centro Sociocultural da Trisca, cunha arquitectura tan especial, actúa como dispositivo de intercambio e coñecemento do barrio. Finalmente, a mostra tamén pode describirse coma un mecanismo de comunicación entre o artista coa súa obra e o espectador.

A exposición está organizada pola Unirversidade de Vigo en colaboración co Centro Sociocultural da Trisca e coa Concellería de Cultura e Centros Socioculturais.

Ata o 30 de abril, no Centro Sociocultural da Trisca.

Compartir: