Sábado 8 de marzo 2008

Axenda

"A historieta galega", no Auditorio

A Historieta Galega. 1978-2008 presenta un percorrido histórico pola banda deseñada galega dende os anos 70 até o tempo actual. Amais celebraranse en paralelo á exposición unha serie de clases maxistrais e actividades para os máis pequenos.

Do 6 de marzo ao 6 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición de tapices de Carita Dubrovin nos centros socioculturais

A Rede Municipal de Centros Socioculturais presenta "Personaxes e paisaxes", unha colección de quince tapices elaborados pola artista finlandesa Carita Dubrovin Sandstrom.

Calendario:

CSC Fontiñas 15 de xaneiro ao 1 de febreiro
Rúa Berlín, 13. 981.528.750

CSXM O Ensanche 2 ao 16 Febreiro
Frei Rosendo Salvado, 14-16. 981.543.001

CSC Conxo 19 Febreiro ao 12 Marzo
Praza Aurelio Aguirre, 1. 981.528.740

CSC Castiñeiriño 12 ao 28 Marzo
Virxe de Fátima 1. 981. 542.459

CSC A Trisca 28 de marzo ao 12 de Abril
Corredoira das Fraguas 92. 981.543.191

CSC Vite 15 ao 30 Abril
Carlos Maside, 7. 981.542.490

Axenda

O espectáculo infantil Heidi no Multiusos de Sar

Heidi, o mítico personaxe infantil de animación que levaron á pequena pantalla os xaponeses Isao Takahata e Hayao Miyazaki, está a celebrar 30 anos dende a súa aparición nas principais canles de televisión europeas. O seu espectáculo infantil musical chega a Santiago de Compostela o sábado 8 de marzo.

As entradas pódense adquirir a través do servizo de venda de localidades de Caixa Galicia (www.caixagalicia.es e 902 43 44 43) e teñen un custo de 8 e 10 euros, con desconto do 50% para os abonados do Multiusos Fontes do Sar e o C.D. Santa Isabel e para os clientes de Caixa Galicia que paguen coa tarxeta Visa Electrón NetClub.

Compartir: