Sábado 13 de diciembre 2008

Axenda

A mostra "Marxes e Mapas", no Auditorio de Galicia

Marxes e Mapas é unha mostra colectiva pensada como un conxunto de miradas ao redor dun mapa creativo que toma como punto de partida mediados da década dos noventa, ao ser este momento inicio e afirmación dunha serie de importantes mudas e procesos na realidade galega e toma como referencia contextual a mostra A arte inexistente.

Do 9 de otubro de 2008 ao 1 de febreiro de 2009, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Aynur pecha Sons da Diversidade 2008

Sons da Diversidade pecha a súa edición de 2008 coa actuación dunha das voces máis representativas da tradición musical do Kurdistán: Aynur.

O sábado 13 de decembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: