Sábado 22 de noviembre 2008

Axenda

Caravana dos cativos

Un parque de atraccións itinerante fará parada en Compostela. A Caravana dos cativos, organizada polo Multiusos Fontes do Sar e o Concello de Santiago, traerá ao recinto feiral de Amio actividades de lecer para os máis pequenos e os personaxes de animación máis populares da televisión.

Entre as actividades que se ofertarán estarán un simulador de Fórmula 1, o túnel do vento, as cadeiras voadoras, as tazas, xogos da Wii, numerosos hinchables, actividades deportivas para os pequenos, concurso de debuxo... e haberá shows e photocall con moitos dos personaxes das series infantís do momento: Shin Chan, Doraemon, Heidi, as Tartarugas Ninja, Keroro...

O sábado 22 e o domingo 23, no recinto feiral de Amio.

Axenda

VI edición do festival de hip hop Microfest

Chega a VI edición do festival de hip hop Microfest ao Multiusos de Sar, con numerosos obradoiros, exhibicións, e coa actuación de dous dos máis destacados estandartes do hip hop en España: Nach e Morodo.

O sábado 22 de novembro, dende a mañá, no Multiusos Fontes do Sar.

Axenda

A mostra "Marxes e Mapas", no Auditorio de Galicia

Marxes e Mapas é unha mostra colectiva pensada como un conxunto de miradas ao redor dun mapa creativo que toma como punto de partida mediados da década dos noventa, ao ser este momento inicio e afirmación dunha serie de importantes mudas e procesos na realidade galega e toma como referencia contextual a mostra A arte inexistente.

Do 9 de otubro de 2008 ao 1 de febreiro de 2009, no Auditorio de Galicia.

Compartir: