Jueves 13 de noviembre 2008

Axenda

"Escher e Matemáticas" na Galería Sargadelos

Con motivo da celebración da Semana da Ciencia do 10 ao 14 de novembro, a Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA), en colaboración coa Concellería de Educación, organiza a exposición interactiva "Escher e Matemáticas. Diálogo entre ciencia e arte".

Do 10 ao 14 de novembro, na Galería Sargadelos.

Axenda

Ensiao aberto da Real Filharmonía de Galicia

Continúan os ensaios abertos da Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Paul Daniel, que ofrecerá un adianto do concerto do serán.

A peza interpretada vai ser a Sinfonía número 101 en Re maior de Haydn, coñecida como O reloxo.

O xoves 13 de novembro, ás 11:45 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A mostra "Marxes e Mapas", no Auditorio de Galicia

Marxes e Mapas é unha mostra colectiva pensada como un conxunto de miradas ao redor dun mapa creativo que toma como punto de partida mediados da década dos noventa, ao ser este momento inicio e afirmación dunha serie de importantes mudas e procesos na realidade galega e toma como referencia contextual a mostra A arte inexistente.

Do 9 de otubro de 2008 ao 1 de febreiro de 2009, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto da RFG baixo a dirección de Paul Daniel e co trompa Eric Terwilliger

A Real Filharmonía de Galicia interpreta obras de Schnittke, Strauss e Haydn baixo a batuta de Paul Daniel e co trompa solista Eric Terwilliger.

O xoves 13 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: