Miércoles 2 de febrero 2011

Axenda

Korda: Coñecido Descoñecido

Exposición retrospectiva do fotógrafo cubano Alberto Korda, mundialmente coñecido polo seu retrato do Che Guevara.

Do 22 de decembro de 2010 ao 27 de marzo de 2011, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Santiago de Compostela na Fundación Granell

A Fundación Granell presenta a exposición Santiago de Compostela na Fundación Granell, dedicada á cidade na que viviu a súa infancia e adolescencia Eugenio Granell e a que acolle a súa Fundación.

A mostra está conformada na súa maioría por novos fondos da Fundación Granell, uns pertencentes ao legado de Amparo Segarra, dona de Eugenio Granell, e outros recentes doazóns de artistas surrealistas á institución.

A exposición presenta a figura de Santiago Apóstolo e a cidade de Santiago de Compostela de modos moi diferentes, tanto a través da selección feita sobre a colección de arte étnico da institución como a través das obras de artistas surrealistas de diferente orixe que teñen á cidade ou ao Apóstolo como protagonistas das súas obras.

Ata marzo de 2011, na Fundación Granell.

Axenda

"A cincenta", de Rossini, no Auditorio de Galicia

Dentro do Programa Didáctico do Auditorio de Galicia prográmase a ópera A Cincenta, de Gioacchino Rossini, producida polo Gran Teatre del Liceu e patrocinada pola Obra Social de La Caixa.

O 1 e o 2 de febreiro, ás 10:00 e ás 12:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: