Martes 2 de febrero 2010

Axenda

Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Unha selección de 35 obras de entre as 158 presentadas compoñen a Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.

A mostra está composta polas obras pertencentes aos seguintes artistas: Mª Covadonga Barreira, Borja Doel, Joan Morera, A Ama de casa, Sara Fuentes, Desperfecta, Nuria Villa, Ignacio García, Fruela Alonso, Holga Méndez, Mónica Cabo, Víctor Hugo Costas, Tamara Feijoo, Josetxu F. Cárcamo, Fran Miguens, Juan Varela, Damián Ucieda, Enrique Lista, Chas, Nicolás Combarro, Jesús Madriñán, Maribel Castro, Christian García Bello, Marcos Blanco, Dolores Fuertes, Mauro Trastoy, Eduardo Valiña, Jacobo Bugarín, Batbirulau, Nuria Ruibal, Olmo Blanco, Raquel Durán, Jorge Migoya, Olmo Cuña e Fur Alle Falle.

Do 2 de decembro ao 28 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Unha comparsa de Entroido no CSC das Fontiñas

Dentro do programa Aula de Xogo do Centro Sociocultural de Fontiñas impártense obradoiros para a realización dunha comparsa que se exhibirá no Entroido do Concello.

De martes a venres, ata o 12 de febreiro, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Coñecemos o mundo polo baile

Baixo o nome Coñecemos o mundo polo baile, o Centro Sociocultural das Fontiñas ofrece estes obradoiros a nenos de entre cinco e oito anos co obxectivo de que coñezan as danzas procedentes de diversos países.

O martes 2 de febreiro, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas. Dirixido a nenos de 5 a 8 anos. Inscrición previa.

Compartir: