Sábado 15 de septiembre 2018
Axenda
Semana do Patrimonio Invisible: redescubrir Santiago do 13 ao 18 de setembro
Iniciativa para redescubrir Santiago a través das visitas guiadas a sete espazos que non forman parte dos circuítos habituais.
Do 13 ao 18 de setembro, en diversos espazos da cidade.
Axenda
I Torneo Internacional Feminino de Fútbol Gaélico
Enfrontaranse as actuais decacampionas de Europa, Belgium Legends; as campioas da Liga Galega e Torneos Ibéricos dos últimos tres anos, A Coruña Fillas de Breogán; o equipo feminino de gaélico da cidade das Burgas, Auriense FG, e o equipo anfritrión e organizador, Estrela Vermelha FG, que son ademais as actuais campioas da Copa Galega.
O sábado 15 de setembro, a partir das 15:30 horas, no campo municipal das Cancelas.
Axenda
Wos Festival (do 12 ao 16 de setembro)
Nova cita, e xa van cinco, con este encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura de vangarda.
Do 12 ao 16 de setembro, en varios espazos da cidade.
Axenda
Terceira edición en Belvís do Rock Is Dead Fest
Doce horas de música en directo con bandas e artistas galegos; todo isto aderezado con actividades infantís, talleres deportivos e literarios, mercadiño e por polvo e churrasco.
O sábado 15 de setembro, no parque de Belvís.
Axenda
"Vexo ao meu xeito", exposición na Fundación Granell
Proxecto fotográfico para sensibilizar e visibilizar a discapacidade visual, organizada por Tiresias Galicia.
Do 14 de setembro ao 14 de outubro na Fundación Granell.
Axenda
XXXII Semana Cultural de Conxo (do 11 ao 15 de setembro)
Nova edición da Semana Cultural de Conxo, con actividades para todos os públicos: carrilanas, teatro, xogos populares...
Do 11 ao 15 de setembro, no Centro Cívico de Conxo.
Axenda
"Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia 1956-1976", mostra no Auditorio de Galicia
Crónica fotográfica das sete campañas que Francesc Català-Roca realizou en Galicia entre 1956 e 1976.
Do 9 de maio ao 7 de outubro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"O Camiño Urbano, a natureza no km cero"
Resultado do traballo de catro ilustradoras que estiveron en Santiago do 30 de maio ao 3 de xuño debuxando os parques, xardíns e contornas naturais das entradas do Camiño.
Ata o 15 de outubro na Galería Sargadelos
Axenda
Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell
A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.
Na Fundación Eugenio Granell.