Domingo 14 de febrero 2016
Axenda
"Henry Moore. Arte na rúa", exposición escultórica ao aire libre na praza do Obradoiro
Henry Moore (1898-1986) é un dos grandes mestres da escultura moderna. Nas décadas que seguiron á Segunda Guerra Mundial acadou sona en todos os sitios polos bronces monumentais expostos en espazos exteriores, cívicos e públicos de todo o mundo, de Escocia á beira do Mar Vermello, da escola secundaria da vila onde naceu, Castelford, en Inglaterra, á sede de Nacións Unidas en Nova York. A mostra está organizada pola Fundación "la Caixa" en colaboración con The Henry Moore Foundation.
Do 21 de xaneiro ao 28 de marzo, na praza do Obradoiro.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"José Suárez. Uns ollos vivos que pensan", mostra fotográfica no Museo Centro Gaiás
O Museo Centro Gaiás acolle ata marzo de 2016 a mostra José Suárez. Un ollos vivos que pensan, a maior exposición realizada ata o de agora sobre un dos grandes nomes da fotografía do século XX, amosando todas as súas series, así como obxectos persoais e documentos da época.
Ata o 27 de marzo, no Museo Centro Gaiás.
Axenda
Intervención de Neves Seara na Zona "C" de Bonaval
A Zona "C", espazo de intervención, abre, coa intervención da artista Neves Seara, unha nova etapa resultado da Convocatoria 2016 Zona "C" Artes Visuais, dirixida a proxectos de intervención artística, proxectos de comisariado e comunicación gráfica. A intervención leva por título 73 líneas de horizonte (segunda carta a mi padre).
Do 10 de febreiro ao 27 de marzo, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Don Juan", de Voadora Teatro, interpretado po maiores de 65 anos
Don Juan comeza no tempo presente e vai cara o futuro. O hedonismo. O carpe diem. O dereito a escoller a rutina ou o cambio. Nunca é tarde nin cedo. Sempre é o momento oportuno.
Este espectáculo de Voadora Teatro está interpretado por 22 voluntarios da zona de Compostela maiores de 65 anos.
O domingo 14 de febreiro, ás 18:30 horas, no Teatro Principal.